As solicitudes administrativas amósanse dun dos dous xeitos, como unha páxina cun resumo ou como unha páxina detallada. A páxina co sumario contén solicitudes de alta ou de baixa pendentes, envíos á rolda que se remitiron para que os aprobe, agrupados polo enderezo do remitinte. A páxina cos detalles contén unha vista máis detallada de cada unha das mensaxes, xunto coas cabeceiras da mensaxe e un extracto do seu corpo.

En calquera destas páxinas están dispoñíbeis as seguintes accións:

Para as mensaxes retidas, active a opción Preservar se quere gardar unha copia das mensaxes para o administrador do servidor. Isto é útil para aquelas mensaxes abusivas que queira rexeitar mais que precise gardar un rexistro para botarlle un ollada máis tarde.

Active a opción Redirixir a e volva cubrir o enderezo correspondente se quere reenviar a mensaxe a alguén que non estea na rolda. Para editar unha mensaxe retida antes de que se envíe á rolda, pode reenviala a si mesmo (ou ao propietario da rolda) e rexeitar a mensaxe orixinal. Entón, cando a mensaxe se amosar na sú caixa de entrada, faga as súas coreccións e reenvíea á rolda, onde deberá incluír unha cabeceira Approved: co contrasinal da rolda como o seu valor. É de bo costume neste caso incluír unha nota na mensaxe en que explique que modificou o texto.

Se o remitinte é un subscritor que está a ser moderado, pode limpar opcionalmente a súa marca de moderación. Isto é útil cando a súa rolda está configurada para pór os novos subscritores en corentena e decidir que se pode confiar neste subscritor á hora de mandar mensaxes á rolda sen aprobación.

Se o remitinte non é un subscritor da rolda, pode engadir este enderezo de correo electrónico ao filtrado de remitintes. O filtrado de remitintes descríbese na páxina de fitros de privacidade e pode ser aceptar automaticamente, reter automaticamente, rexeitar automaticamente ou descartar automaticamente. Esta opción non estará dispoñíbel se o enderezo xa está nun dos filtros de remitinte.

Ao rematar, prema o botón Enviar todos os datos do final da páxina. Este botón entregará todas as accións seleccionadas para todas as solicitudes administrativas para as que se fixo algunha selección.

Volver á páxina cos sumarios.